MAXIA CUÁNTICA

Ilusións na fronteira da realidade

Maxia Cuántica é un proxecto escénico interdisciplinar que une maxia, ciencia e tecnoloxía para transformar os conceptos da física cuántica en experiencias onde a maxia se converte en linguaxe da física O proxecto propón un espectáculo de creación contemporánea onde o público se converte en testemuña dun diálogo entre a ilusión e a realidade, entre o mundo visible e o invisible.

A proposta nace da traxectoria do artista na creación de pezas máxicas independentes inspiradas en fenómenos físicos, desenvolvidas ao longo dos últimos anos como experiencias de maxia e divulgación.

 En concreto, tres experimentos escénicos conforman o punto de partida de Maxia Cuántica:

Mago richard en monologos cinetíficos

O efecto tunel

Un obxecto atravesa unha barreira sólida evocando o comportamento das partículas que, segundo a natureza probabilística da mecánica cuántica, poden atravesar barreiras aparentemente infranqueables; un tema de actualidade debido ao recente Premio Nobel de Física 2025, que ten un crecente interese desde o punto de vista da divulgación. É unha reinterpretación a escala macroscópica mediante un efecto máxico ficcional usando recursos escénicos.

As Partículas Cuánticas no Laboratorio

Unha recreación escénica ficcional dun laboratorio cuántico no que as partículas aparecen, desaparecen e interactúan de forma imprevisible, representando o comportamento probabilístico. A escea inspírase nun recordo do artista durante a súa estancia nos “sotos” do CERN, onde tivo lugar unha experiencia no que se analizaron as metáforas empregadas polos científicos da época para explicar os fenómenos cuánticos ao alumnado. Esa experiencia serviu como punto de partida para trasladar á escena esa linguaxe metafórica e visual, convertendo o escenario nun laboratorio vivo de incerteza e probabilidade, onde a física convértese en maxia observable.

El experimento que nunca existió en el CERN

O Burato Negro

Unha posta en escéa da posibilidade de crear un burato negro en directo, como metáfora do almacenamento extremo de enerxía e da desaparición da información no límite entre a relatividade e a física cuántica, realizada mediante efectos de luz, fume e espazos sonoros.

mago richard
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.