O Mago Richard comenzou coa maxia dende moi pequeno realizando actuacións esporádicas dende os 13 anos.
Foi a partires do ano 1994 cando decidiu dar a coñecer a súa arte a un maior número de persoas levando a cabo representacións de maxia por toda a xeografía galega e impartindo obradoiros de maxia cunha alta participación e repercusión . Pódese destacar a súa presencia en diferentes festivais como a semana internacional de Ilusionismo «Compostela Máxica», o festival de maxia «Lugo maxico» ou o «Festival de maxia Marín». Asiste con regularidade a congresos nacionais e internacionais, da FISM (Federación internacional de Sociedades Máxicas). É membro fundador da Asociación Maxia Compostela e «Asociación de Magos Profesionais de Galicia»